Hoxe tócame falarvos da imaxe vectorial, posto que nesta asignatura fixemos una práctica relacionada con iso.
Unha imae vectorial é una representación de formas xeométricas tales como círculos, rectángulos ou segmentos. Están representadas por fórmulas matemáticas que o procesador traducirá e a trxeta gráfica poderá ler. Este tipo de imaxes teñen a vantaxe de que se poden ampliar, reducir, etc sen que se deformn, por iso son moi emppregadas, por exemplo, en planos virtuais na letras dos editires de texto.. Pero non son imaxes que poidan representar a realidade tal e como é, por iso non se empregan na fotografía.
A práctica que fixemos consistía en recrear unha "Sinal de Stop". Para elo, empregamos o programa INKSCAPE, que é gratuito, de software libre e fácil de empregar, de aí que se extenderá tanto nos últimos anos.
Primeiramente, abrimos unha folla en branco. Logo, creamos un octógono branco (hai unha barra de ferramentas no lado esquerdo da pantalla). Despois un octógono máis pequeno de cor vermella, e alineámolos, abrindo unha ventá que aparece no índice superior. Despois, coa ferramenta texto, escribimos STOP. Este foi o resultado:
Por último, démoslle os últimos retoques activando os bordes, creando efectos de degradado e facendo un último octógono negro, o cal deformamos e colocamos por debaixo de todo. E aquí o resultado final:
Ningún comentario:
Publicar un comentario