Bos días :)
Hoxe vouvos a falar de MeteoZAS, unha nova páxina web que fará o meu colexio e que irá adicada á metereoloxía. A maioría dos nosos profesores pedíronnos colaboración para creala e, para a asignatura de informática, pedíronnos crear un logotipo que representaeía dita páxina. Tería que ser algo sinxelo e directo, e agora vos vou a contar o que fixen eu:
Primeiro decidín crear unha nube, e para iso empregueir as ferramentas "circunferencia" e "esparcir objetos mediante escultura o pintura". Dinlle a cor que desexei e desenfoqueina un pouquiño.
Logo fixen as gotas de chuvia: coa ferramenta "circunferencia" fixen un óvalo, convertino en traxecto e dinlle forma de gota. Logo, coa ferramenta "editar degradados", deille un efecto de brillo. Finalmente, fixen copias de dita gota.
Despois escribín o nome do logotipo coa ferramenta "texto" e semellando que"meteo" eran gotas de auga tamén.
Despois fixen un arco da vella, coas ferramentas "circunferencia" "duplicar" "cambio de cor" e "difuminar".
Case para rematar, fixen os ceo e o chan coa ferramenta "cadrado", dinlles a cor que desexei e tamén un toque de difuminado.
Por último fixen os efectos de sombra e brillo, creando un rectángulo negro difuminado e mandándoo para o fundo do debuxo e outro rectángulo ao que lle redondeei os bordes, convertín en traxecto para darlle a forma axeitada e deixei case transparente.
E aquí o resultado, espero que vos guste :3
Ningún comentario:
Publicar un comentario