martes, 21 de xaneiro de 2014

A IMAXE DIXITAL- Profundidade de cor


Ola benqueridos lectores :3

Esta é a primeira entrada desta segunda avaliación, e nela debo falarvos da imaxe dixotal, que é o tema que imos tratar nesta asignatura. 
Supoño que aínda recordaredes estas cámaras que funcionaban grazas a un carrete o cal había que revelar para así poder obter unha imaxe impresa, esa era a únicxa forma de vela fotografía que sacabamos. Pois ben, a tecnoloxía avanza, e hoxe podemos falar de imaxes dixitais, é dicir, todas aquelas que se converten nun archivo informático e que están formadas por matrices numéricas de ceros e uns (bit) que se almacenan en calquera arquivo informático e que definen as características de dita fotografía. 

Pois este tipo de imaxes podemos modificalas con calquera programa de retoque fotográfico, e, coma sempre, existen programas gratuitos e de software libre para facelo, como é o caso de gimp, o que nosoutros empregamos. O primeiro que vos atoparedes ao entrar neste programa é que non traballa cunha soa ventá, senón con varias, tantas como ti queiras abrir (unha para ferramentas, outra para capas, outra para opcións das ferramentas..) Pero, a parte disto, é un programa doado de empregar.

Nesta primeira práctica tratamos o tema da profundidade de cor, que permite que cada píxel (cada punto que forma a imaxe dixital) teña un número determinado de cores.
Primeiramente, creamos un documento de gimp que sería o fondo. E logo, partindo dunha imaxe dixital de 24 bit (16777216 colores), tivemos que reducir o seu tamaño, proporcional sempre o ancho co longo, e despois crear unha imaxe de 16 bit en escala de grises, outra de 8 bit (256 cores), outra de 4 (16 cores) e, finalmente, unha de 1 bit (dúas cores, branco e negro). Cada imaxe sería unha capa no editor, e así podes traballar modificando unha imaxe sen que lle afecte á outra. Finalmente, modificamos o fondo cunha ferramenta que nos proporciona este editor. 
Con esta práctica puidemos observar que, canto menos cantidade de bits ten unha imaxe, máis ruído ten, é dicir, as liñas que delimitan dita imaxe, vense deformadas, borrosas.

E aquí vos deixo a imaxe da práctica, pero exportada a un arquivo JPEG: 




Ningún comentario:

Publicar un comentario