sábado, 5 de outubro de 2013

A INFORMÁTICA E AS SÚAS ORIXES- O ORDENADOR



Para falar das orixes e da evolución da informática, debemos falar principalmente da orixe e da evolución do ordenador, xa que se pode dicir que a orixe da informática está na invención do ordenador. Pero para conseguir o ordenador como o coñecemos hoxe en día, fixo falta a unión de moitísimas ideas de distintas persoas, tantas que só nombrarei algunhas das máis importantes e das máis actuais. Tamén dicir que existen distintas eras na informática, cinco concretamente, mais eu centrareime nas súas orixes.
 

Seguramente escoitáchedes moitas veces que un tal Charles Babbage foi o pai dos ordenadores, pois ben, hai moita verdade niso. El creou a máquina diferencial (que non funcionaba correctamente e que serviu de inspiración para moitos outros tecnolóxicos), e, a partir desta, imaxinou outras moitas máquinas unidas á súa, que constituirían un ordenador; pero, por motivos diversos, nunca chegou a construíla.



O censo de Estados Unidos facíase a man, tardando anos en completalo e deixándoo sempre innacabado.  Entón, para solucionar isto, fixeron un concurso que gañou Herman Hollerith coa creación da Tabulating Machine Company en 1890.



Pero estas máquinas non eran realmente ordenadores, senon sistemas de engranaxes. Temos que esperar á Segunda Guerra Mundial, na que os alemáns empregaron a tecnoloxía para intentar descifrar códigos americanos, e así crearon a computadora Z3, aínda que foi destruída e hai pouca información dela. Despois, os americanos crearon o Colossus, unha computadora de dimensións xigantes, que traballaba por medio de válvulas, que descifraba 5 mil caracteres por segundo e que foi creada por Alan Turin para a mesma función que a alemana, pero coa diferencia de que desta, si hai bastantes máis datos. Aquí estariamos na 1ª xeración da informática.



En 1946, coa creación do ENIAC, a primeira computadora electrónica, por parte de John W. Mauchly e J. Prester Eckert Jr. e outros universitarios, a informática tivo un gran avance.


 
Logo, en 1948, aparece a UNIVAC, unha das primeiras computadoras que non tiña fins militares, creada por J. Presper Ecker e John Mauchly, aínda que só chegou a aquelas clases sociais ben acomodadas, debido ao seu gran custe.






Cara os anos 50 invéntase o transitor, unha peza moi importante para a aparición do ordenador como o coñecemos hoxe.


 

A segunda era chegaría coa invención do rato electrónico por parte de Shannon en 1952. Nela tamén se comeza a fabricar e comercializar ordenadores industrialmente.

 

 


En 1975 Ed Roberts crea o primeiro ordenador persoal, o Altair 8800. As 
persoas que o mercaban tiñan que montalo elas mesmas e, ademais, non dispoñía de software, eles tíñano que crear. Nesta mesma data, Bill Gates e Paul Allen fundan
Microsoft, unha empresa adicada ao software; e en 1976, Steve Jobs máis Steve Wozniac, a Apple Computer, Inc. Así, estes últimos, en 1977, lanzan ao mercado a Apple II, o segundo ordenador persoal. Este tiña un custe bastante asequible, un software máis sinxelo e era máis doado montalo, polo que chegou a bastante poboación.

 
 








E así, tras estes moitos antecedentes e os que me quedan aínda sen nomear, chegamos á informática de hoxe en día (portátiles, tablets, Iphones...) 


Se queredes confirmar a información ou ampliala, aquí tedes os enlaces que empreguei:  







 


 


11 comentarios:

  1. Respostas
    1. Xa sabes que a min me gustan as cousas ao grande ;3

      Eliminar
    2. Cala anda non digas esas cousas x akí millé

      Eliminar
  2. Eu faríao un poco máis curto, pero moi bien moi bien.
    :)

    ResponderEliminar
  3. Eu penso que a entrada está moi ben Noe :)

    ResponderEliminar
  4. Encántame o teu fondo, sinxelo e fino. En canto o contido da etrada pareceme excelente, bo traballo Noe. Un saúdo :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Oooins, moitas grazas Kassi, sabía que che ía gustar ;)
      Que igual me poño colorada e todo.. jajaja :)

      Eliminar
  5. Moi ben Noemi :)
    é extenso peroi moi ben redactado.Mellor así :)
    O fondo tenme namorada;precioso.
    Un bico :)

    ResponderEliminar
  6. Me gusta o teu blog, a verdade vai coa tua personalidade, un pelín sobrio, pero moi bonito.
    Tkm8.

    ResponderEliminar