Así, temos moitísimos equipos informáticos, e cada vez máis, entre os máis empregados:
ORDENADOR DE SOBREMESA, formado por unha torre, unha pantalla, un rato e un teclado, e que está diseñado para ser empregado en superficies sólidas e planas, coma un escritorio e que, hoxe en día, por motivos de comodidade, está en desuso.

ORDENADOR ULTRA-PORTÁTIL (notebook). É un íbrido entre un portátil e unha tablet e sóeno empregar os viaxeiros de negocios internacionais.
ORDENADOR MULTIMEDIA (barebone). Está diseñado para reproducir calquera contido multimedia: música, imaxes ou películas almacenadas nun disco duro, local...
ORDENADOR TODO NUN (PC). É un ordenador que leva os elementos que nun ordenador de sobremesa estarían colocados na torre, no interior da pantalla.
TABLET PC. É un ordenador portátil co que se pode interactuar a través dunha pantalla táctil, sen necesidade de empregar teclado ou rato.
TABLET. Úsado para ler libros, falar, multimedia ... Hai tamén o iPad, que ten basicamente a mesma función que a Tablet, pero usar un sistema operativo distinto: a tablet Android e o Ipad o iOS de Apple.

SMART TV (televisor intelixente). Ofrecen a posibilidade de reproducir diversos contidos, conectarse a internet a través de vía WiFi e tamén ofrece as aplicacións dun televisor normal e corrente. Hoxe en día existen diversos dispositivos capaces de converter o televisor nunha Samart TV, como por exemplo, os Samsung Smart Hub.
SMART WATCH (reloxo intelixente).É un reloxo que, a parte de ofrecer o que un reloxo de cotío, tamén nos avisa das notificacións do noso móbil (se os temos sincronizados), deixa que accedas a internet, entrar en redes sociais, ler e-mails, fai de contaquilómetros, mide as pulsacións.. Básicamente, fai as funcións dun smartphone.
Por último, facer mención ás videoconsolas, que, hoxe en día, tamén ofrecen conectarse a Internet, acceder a redes sociais, ler e-mails, xogar online... Tamén as viodeocámaras, coas que podemos acceder a conexión wifi para poder subir imaxes a redes sociais, entre outras aplicacións.
E aquí tedes os enlaces que empreguei, para que poidades confirmar a información:
Ningún comentario:
Publicar un comentario