Os marcadores sociais son un tipo de medio social nos cales os usuarios, logo de rexistrarse creando unha conta, gardan unha lista de recursos de internet (enlaces) que consideran útiles e que poden publicar de forma pública ou privada, para que así outras persoas con intereses similares poidan ver tamén os enlaces.
Existen varios marcadores sociais e, cada vez, debido a un maior uso destes, van en aumento. Entre eles está Delicious, que é o marcador que estamos tratando na miña asignatura de informática, e do cal vos podo dar alguna información:
É unha páxina escrita en inglés. Como xa dixen antes, serve fundamentalmente para gardar enlaces. A estes podes engadirlles un título, un comentario e unha ou varias etiquetas, a través das cales poderás buscar o enlace una vez que o teñas publicado e tamén poderán as demais persoas acceder a dito enlace. A parte disto, tamén che dá a opción de compartir os enlaces e de determinar cantos teñen un determinado enlace gardado nos seus marcadores. A vantaxa de "gardar" os enlaces que che interesan nesta rede social, debido a que podes facelos privados, é que sempre que queiras velos, só tes que acceder a túa conta e listo, en vez de ter que gardalos no navegador dun determinado ordenador.
E aquí vos deixo o enlace á miña conta Delicious para que poidades botar unha ollada e descubrir que existen outras formas de búsqueda de información tan eficaces coma Google:
Ningún comentario:
Publicar un comentario