Un equipo informático é calquera aparato ou conxunto deles que fai a función dun ordenador e que se emprega para diversos usos e aplicacións dependendo das súas especificacións.
Así, temos moitísimos equipos informáticos, e cada vez máis, entre os máis empregados:
ORDENADOR DE SOBREMESA, formado por unha torre, unha pantalla, un rato e un teclado, e que está diseñado para ser empregado en superficies sólidas e planas, coma un escritorio e que, hoxe en día, por motivos de comodidade, está en desuso.
ORDENADOR PORTÁTIL (notebook). Pode realizar as mesmas tarefas que un ordenador de sobremesa pero coa vantaxe de ser menos pesado, máis pequeno e máis fácil de transportar.
ORDENADOR ULTRA-PORTÁTIL (notebook). É un íbrido entre un portátil e unha tablet e sóeno empregar os viaxeiros de negocios internacionais.
ORDENADOR MULTIMEDIA (barebone). Está diseñado para reproducir calquera contido multimedia: música, imaxes ou películas almacenadas nun disco duro, local...
ORDENADOR TODO NUN (PC). É un ordenador que leva os elementos que nun ordenador de sobremesa estarían colocados na torre, no interior da pantalla.
TABLET PC. É un ordenador portátil co que se pode interactuar a través dunha pantalla táctil, sen necesidade de empregar teclado ou rato.
TABLET. Úsado para ler libros, falar, multimedia ... Hai tamén o iPad, que ten basicamente a mesma función que a Tablet, pero usar un sistema operativo distinto: a tablet Android e o Ipad o iOS de Apple.
SMARTPHONE (teléfono intelixente). "Antigamente" os móbiles só se empregaban para chamar, recibir mensaxes e, nalgúns casos, para sacar unha fotografía. Logo apareceron outros con conexión a Internet, pero hoxe en día existen os smartphones, máis coñecidos coma iphones, co que te podes conectar a Internet, usalo para reproducir audio e vídeo, visitar redes sociais, usar procesadores de texto e follas de cálculo, usalo coma GPS, etc. e, por suposto, tamén facer chamadas e enviar mensaxes.
SMART TV (televisor intelixente). Ofrecen a posibilidade de reproducir diversos contidos, conectarse a internet a través de vía WiFi e tamén ofrece as aplicacións dun televisor normal e corrente. Hoxe en día existen diversos dispositivos capaces de converter o televisor nunha Samart TV, como por exemplo, os Samsung Smart Hub.
SMART WATCH (reloxo intelixente).É un reloxo que, a parte de ofrecer o que un reloxo de cotío, tamén nos avisa das notificacións do noso móbil (se os temos sincronizados), deixa que accedas a internet, entrar en redes sociais, ler e-mails, fai de contaquilómetros, mide as pulsacións.. Básicamente, fai as funcións dun smartphone.
Por último, facer mención ás videoconsolas, que, hoxe en día, tamén ofrecen conectarse a Internet, acceder a redes sociais, ler e-mails, xogar online... Tamén as viodeocámaras, coas que podemos acceder a conexión wifi para poder subir imaxes a redes sociais, entre outras aplicacións.
E aquí tedes os enlaces que empreguei, para que poidades confirmar a información: