Ola queridísimos lectores :3
Esta entrada irá adicada, como ben se reflexa no tíltulo, a falarvos da páxina Web El Armario De Nami (http://elarmariodenami.jimdo.com/).
En primeiro lugar, dicirvos que unha páxina Web é un documento adaptado á World Wide Web que soe formar parte dun sitio web e no cal se pode atopar información sobre distintos temas. Para crear unha páxina Web, pódense usar distintas plataformas e, coma todo, hainas gratuitas e non gratuitas. Nós tivemos que empregar unha gratuita, concretamente a chamada Jimdo.
Jimdo baséase nun sitema de xestión de contido propio sen a necesidade de coñecementos HTML e pertence á Web 2.0. E, aínda que non permite facer todo o que queiras na páxina Web que crees, ten varias vantaxes, como serían a súa velocidade e un uso moi doado.
Pois ben, agora que xa sabedes o que é e como a creamos a miña compañeira de grupo e eu, facervos un breve resumo de en que consiste a nosa páxina Web:
El Armario De Nami ten como tema principal a moda, como ben se pode intuír polo título, e ten varias seccións (como se amosa na fotografía seguinte). Todas as seccións son da nosa propia colleita, a excepción da última, a sección de actualidade, na que aparecerán varios "enlaces" feeds RSS que vos levarán a outras páxinas Web que nós cremos que eran as axeitadas e que vos resultarían de gran interés. A primeira está adicada á presentación da propia páxina Web, despois atoparédesvos cunha sección de beleza, pasaredes a unha na que vos falaremos dos erros e os acertos á hora de acudir a algún evento, despois atoparedes unha adicada aos distintos estilos que existen e, por último, teredes unha na que poderedes facer consultas.
Visitádea! Veredes como vos gusta =)
Ola ben queridos lectores e lectoras :3 Este é un blog que empregarei para expoñer e comentar os meus traballos e os dos meus compañeiros para a asignatura de Informática de 4º da ESO. Un saúdo dende o CPI de Zas =)
martes, 17 de decembro de 2013
luns, 11 de novembro de 2013
Riscos na Rede
Hoxe, na clase de informática, tratamos os términos de uso e condicións de internet, esa parrafada inmensa que aparece cando creas unha conta e que, na maioría dos casos, ninguén le.
Pois ben, está claro que na rede, coma en todos os demais lugares, estamos sometidos a riscos, pero non por iso debemos deixar de disfrutar dos avances que nos proporciona Internet.

En primeiro lugar temos que decatarnos de que Google é un servizo gratuíto, pero, ao mesmo tempo, estamos pagando por usalo sendo obxectos de publicidade. É dicir, cando damos información sobre nós mesmos, a rede ofrécenos miles de anuncios para que nós entremos neses enlaces e así, as empresas páganlle por ter anuncios online. Ou, nunca vos decatáchedes de que, se buscades, por exemplo, películas no buscador inicial de Google, no lado dereito, vos aparecen moitos anuncios de películas? Pois a isto se debe, ese é o xeito de pagarmos por usar a Rede. Google advirte disto cando creamos, por exemplo, unha conta de google, dinos que rasrtreará os nosos correos "privados", pero tamén se compromete a non vender a información que nós lle "entregamos".
Agora ben, todos os términos e condicións de uso que nalgún momento limos e aceptamos, poden mudar dun día para outro, e, nalgúns casos, sen necesidade de informar aos navegantes, coma no caso de Youtube, Amazon ou Apple.
Tamén temos que ter en conta que cada servizo ten distintos términos de uso. Así, por exemplo, youtube ten dereito a gardar un vídeo unha vez que este foi eliminado da rede, aínda que non pode reproducir nin distribuír copias deste. Facebook pode rastrear a nosa actividade ata cando navegamos por outras páxinas que non sexa a súa e ata pode compartir datos con terceiros automáticamente.Ao igual que tuenti, que nos advirte de que pode vender libremente as fotografías que nós subimos a el. Etc, etc..

Ademais, temos que ter en conta que os términos e condicións de uso están escritos cunha linguaxe bastante culta e técnica, polo que a maioría das persoas, pasamos de lelos/comprendelos.
Ante isto, non sabemos realmente que fan cos nosos datos, nin a quen poden chegar estes. Polo tanto, aconséllovos que leades ben antes de clicar en "aceptar", porque á larga podédesvos arrepentir.
martes, 29 de outubro de 2013
Marcadores sociais-
Os marcadores sociais son un tipo de medio social nos cales os usuarios, logo de rexistrarse creando unha conta, gardan unha lista de recursos de internet (enlaces) que consideran útiles e que poden publicar de forma pública ou privada, para que así outras persoas con intereses similares poidan ver tamén os enlaces.
Existen varios marcadores sociais e, cada vez, debido a un maior uso destes, van en aumento. Entre eles está Delicious, que é o marcador que estamos tratando na miña asignatura de informática, e do cal vos podo dar alguna información:
É unha páxina escrita en inglés. Como xa dixen antes, serve fundamentalmente para gardar enlaces. A estes podes engadirlles un título, un comentario e unha ou varias etiquetas, a través das cales poderás buscar o enlace una vez que o teñas publicado e tamén poderán as demais persoas acceder a dito enlace. A parte disto, tamén che dá a opción de compartir os enlaces e de determinar cantos teñen un determinado enlace gardado nos seus marcadores. A vantaxa de "gardar" os enlaces que che interesan nesta rede social, debido a que podes facelos privados, é que sempre que queiras velos, só tes que acceder a túa conta e listo, en vez de ter que gardalos no navegador dun determinado ordenador.
E aquí vos deixo o enlace á miña conta Delicious para que poidades botar unha ollada e descubrir que existen outras formas de búsqueda de información tan eficaces coma Google:
luns, 21 de outubro de 2013
-O ORDENADOR E OS SEUS DERIVADOS-
Un equipo informático é calquera aparato ou conxunto deles que fai a función dun ordenador e que se emprega para diversos usos e aplicacións dependendo das súas especificacións.
Así, temos moitísimos equipos informáticos, e cada vez máis, entre os máis empregados:
ORDENADOR PORTÁTIL (notebook). Pode realizar as mesmas tarefas que un ordenador de sobremesa pero coa vantaxe de ser menos pesado, máis pequeno e máis fácil de transportar.
SMARTPHONE (teléfono intelixente). "Antigamente" os móbiles só se empregaban para chamar, recibir mensaxes e, nalgúns casos, para sacar unha fotografía. Logo apareceron outros con conexión a Internet, pero hoxe en día existen os smartphones, máis coñecidos coma iphones, co que te podes conectar a Internet, usalo para reproducir audio e vídeo, visitar redes sociais, usar procesadores de texto e follas de cálculo, usalo coma GPS, etc. e, por suposto, tamén facer chamadas e enviar mensaxes.
Así, temos moitísimos equipos informáticos, e cada vez máis, entre os máis empregados:
ORDENADOR DE SOBREMESA, formado por unha torre, unha pantalla, un rato e un teclado, e que está diseñado para ser empregado en superficies sólidas e planas, coma un escritorio e que, hoxe en día, por motivos de comodidade, está en desuso.

ORDENADOR ULTRA-PORTÁTIL (notebook). É un íbrido entre un portátil e unha tablet e sóeno empregar os viaxeiros de negocios internacionais.
ORDENADOR MULTIMEDIA (barebone). Está diseñado para reproducir calquera contido multimedia: música, imaxes ou películas almacenadas nun disco duro, local...
ORDENADOR TODO NUN (PC). É un ordenador que leva os elementos que nun ordenador de sobremesa estarían colocados na torre, no interior da pantalla.
TABLET PC. É un ordenador portátil co que se pode interactuar a través dunha pantalla táctil, sen necesidade de empregar teclado ou rato.
TABLET. Úsado para ler libros, falar, multimedia ... Hai tamén o iPad, que ten basicamente a mesma función que a Tablet, pero usar un sistema operativo distinto: a tablet Android e o Ipad o iOS de Apple.

SMART TV (televisor intelixente). Ofrecen a posibilidade de reproducir diversos contidos, conectarse a internet a través de vía WiFi e tamén ofrece as aplicacións dun televisor normal e corrente. Hoxe en día existen diversos dispositivos capaces de converter o televisor nunha Samart TV, como por exemplo, os Samsung Smart Hub.
SMART WATCH (reloxo intelixente).É un reloxo que, a parte de ofrecer o que un reloxo de cotío, tamén nos avisa das notificacións do noso móbil (se os temos sincronizados), deixa que accedas a internet, entrar en redes sociais, ler e-mails, fai de contaquilómetros, mide as pulsacións.. Básicamente, fai as funcións dun smartphone.
Por último, facer mención ás videoconsolas, que, hoxe en día, tamén ofrecen conectarse a Internet, acceder a redes sociais, ler e-mails, xogar online... Tamén as viodeocámaras, coas que podemos acceder a conexión wifi para poder subir imaxes a redes sociais, entre outras aplicacións.
E aquí tedes os enlaces que empreguei, para que poidades confirmar a información:
sábado, 5 de outubro de 2013
A INFORMÁTICA E AS SÚAS ORIXES- O ORDENADOR
Para falar das orixes e da evolución da informática, debemos falar principalmente da orixe e da evolución do ordenador, xa que se pode dicir que a orixe da informática está na invención do ordenador. Pero para conseguir o ordenador como o coñecemos hoxe en día, fixo falta a unión de moitísimas ideas de distintas persoas, tantas que só nombrarei algunhas das máis importantes e das máis actuais. Tamén dicir que existen distintas eras na informática, cinco concretamente, mais eu centrareime nas súas orixes.

O censo de Estados Unidos facíase a man, tardando anos en completalo e deixándoo sempre innacabado. Entón, para solucionar isto, fixeron un concurso que gañou Herman Hollerith coa creación da Tabulating Machine Company en 1890.
Pero estas máquinas non eran realmente ordenadores, senon sistemas de engranaxes. Temos que esperar á Segunda Guerra Mundial, na que os alemáns empregaron a tecnoloxía para intentar descifrar códigos americanos, e así crearon a computadora Z3, aínda que foi destruída e hai pouca información dela. Despois, os americanos crearon o Colossus, unha computadora de dimensións xigantes, que traballaba por medio de válvulas, que descifraba 5 mil caracteres por segundo e que foi creada por Alan Turin para a mesma función que a alemana, pero coa diferencia de que desta, si hai bastantes máis datos. Aquí estariamos na 1ª xeración da informática.
En 1946, coa creación do ENIAC, a primeira computadora electrónica, por parte de John W. Mauchly e J. Prester Eckert Jr. e outros universitarios, a informática tivo un gran avance.

Logo, en 1948, aparece a UNIVAC, unha das primeiras computadoras que non tiña fins militares, creada por J. Presper Ecker e John Mauchly, aínda que só chegou a aquelas clases sociais ben acomodadas, debido ao seu gran custe.
Cara os anos 50 invéntase o transitor, unha peza moi importante para a aparición do ordenador como o coñecemos hoxe.
A segunda era chegaría coa invención do rato electrónico por parte de Shannon en 1952. Nela tamén se comeza a fabricar e comercializar ordenadores industrialmente.
En 1975 Ed Roberts crea o primeiro ordenador persoal, o Altair 8800. As
persoas que o mercaban tiñan que montalo elas mesmas e, ademais, non dispoñía de software, eles tíñano que crear. Nesta mesma data, Bill Gates e Paul Allen fundan
Microsoft, unha empresa adicada ao software; e en 1976, Steve Jobs máis Steve Wozniac, a Apple Computer, Inc. Así, estes últimos, en 1977, lanzan ao mercado a Apple II, o segundo ordenador persoal. Este tiña un custe bastante asequible, un software máis sinxelo e era máis doado montalo, polo que chegou a bastante poboación.
E así, tras estes moitos antecedentes e os que me quedan aínda sen nomear, chegamos á informática de hoxe en día (portátiles, tablets, Iphones...)
Se queredes confirmar a información ou ampliala, aquí tedes os enlaces que empreguei:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)