martes, 17 de xuño de 2014






Ola ben queridos lectores:

Esta é a miña última entrada neste blog, un blog creado, como ben se indica na descripción, para a exposición dos traballos levados a cabo na asignatura de Informática do curso 2013-2014 do C.P.I. de Zas e, como ben sabedes, o curso rematou, polo  que eu deixarei de publicar nel.
Espero, de verdade, as miñas entradas vos servisen dalgunha axuda :)

Un saúdo, ata sempre.



LbreOffice - Calc




E agora tócame explicaros os traballos realizados co Calc:





No primeiro traballamos as referencias relativas (cando insertas unha fórmula, as referencias da cela na que as insertas, axústanse a dita cela) e no segundo, as absolutas (referencias que non se axustan ao copiar unha formula dunha cela a outra). Finalmente, en ambos e aínda que non o mandaba o titorial, démoslle formato ás táboas seguindo ordes do profesor, unha tarefa bastante doada, posto que é un programa bastante sinxelo e intuitivo.
En anteriores publicacións téñovos faldo da páxina de meteorooloxía creada polo noso coexio. Pois ben, coma en anteriores ocasións, desta volta encargáronnos outro traballo para ela: mediante unha serie de datos que aparecían nunha folla de Calc, tras medir a temperatura e as precipitacións que se deran en Zas nos meses de marzo, abril e maio, nós deberiamos crear as táboas e gráficas correspondentes a cada mes.


E esta foi a miña experienia co Calc. Dicirvos que é un programa moi sinxelo e intuitivo co que calquera persoa, tendo uns coñecementos mínimos da informática, podería traballar.

mércores, 4 de xuño de 2014

LIBREOFFICE_Writer



Nesta avaliación desscubrimos o LibreOffice, que é unha suite ofimática libre e gratuita que funciona en moitos ordenadores e sistemas operativos, como o son Windows, Mac ou Linux, e que nos ofrece distintos programas como, por exemplo, o procesador de textos Writer ou a folla de cálculo Calc.
Nós traballamos con el ata o de agora, levando a cabo unha serie de traballos de writer e calc guiados por un titorial de Google (http://www.xente.mundo-r.com/troncoso/tutorial-OOo/), aínda que, por cuestións de non seren os mesmos formatos e versións o LibreOffice e o OpenOffice do titorial, non puidemos seguilo ao pé da letra, téndonos que adaptar ás opcións que nos ofrecía esta suite.  


A continuación vouvos explicar ditos traballos de writer, os máis sinxelos feitos por nós mesmos e, os demais, guiados polo noso mestre:

Como os primeiros ensinaban tarefas básicas como crear un documento, cerralo, exportalo a PDF, seleccionar, cortar ou pegar, borrar ou desfacer, e nós xa coñeciamos estas opcións, comezamos co exercicio 5. Nel, traballamos o formato de carácter: a fonte, o tamaño, o estilo, os efectos (negriña, subliñado, cursiva), a posición, a orientación e a cor dos caracteres. O exercicio 6 ensinounos a mudar os formatos do párrafo e páxina e tamén o estilo desta. O 7, consistía en recoñecer "basura tipográfica" e en aprender a evitala. Logo, o 8 ensinounos a inxerir unha imaxe e a como darlle formato. Logo, pasamos ao número 10, no cal aprendemos a crear unha lista e as modificacións que esta pode sufrir. O 11 dicíanos como crear unha táboa, como construír texto en táboa e como editar o formato de dita táboa. No 12, que foi un dos máis complicados, tratamos os estilos de párrafo (como aplicar un estilo de párrafo xa creado, como modificar este e como crear un ti mesmo). E, finalmente, rematamos co 13, no que vimos o que era unha plantilla e aprendemos a crealas e modificalas. 

E isto é todo, un saúdo.

luns, 7 de abril de 2014

PRESENTACIÓN - Google Drive

Xa comezamos a Terceira Avaliación e, como sempre, empezamos un novo tema, neste caso, "PROGRAMAS OFIMÁTICOS". En concrerto, nós imos traballar con Google Drive e Openoffice, porque son libres e gratuítos, pero tamén hai outros que son de pago e que, por iso, ofrecen outras opcións a maiores, como Microsoft Office, pero ambos os dous primeiros ofrecen opcións suficientes como para facer traballos axeitados.

Pois ben, nós comezamos a traballar as presentacións co programa de Google Drive, creando unha presentación explicando os traballos que fixemos na Segunda Avaliación, os cales tamén explicamos neste noso Blog.
E ben, dicirvos que Google Drive é moi útil, posto que, a parte de ter un uso sinxelo, só é necesario unha conexión a Internet para empregalo.

Aquí vos deixo unha fotografía na que poderedes ver que se semella a calquera outro programa ofimático (Openoffice, Microsoft Office):


 

luns, 31 de marzo de 2014

Pois hoxe tócame falarvos da miña terceira práctica no INKSCAPE. Intentamos recrear o logotipo de Apple, e, para iso:

Dividimos os debuxo en dúas partes, a mazá propiamente dita e a folla.

Para a mazá, primeiramente fixemos unha circunferencia e convertímola en traxecto, para así poder “xogar” cos nodos e darlle forma de mazá. A continuación activámoslle o efecto borde cunha cor gris escura e puxémoslle de cor de recheo un gris algo máis claro que o do borde. Logo, para facer a mordedura tan característica, fixemos unha circunferencia máis pequena e colocámola sobre a outra, que agora xa tería forma de mazá. Seleccionamos a mazá e logo, pulsando a tecla shift, a circunferencia pequena e usamos en traxecto, a ferramenta circunferencia. Despois duplicamos a mazá e, pulsando as teclas Ctrl.+Shift+Paréntese 8 , reducimos o seu tamaño e creamos sobre ela un efecto de degradado coa cor branca na parte inferior e transparente na superior, creando así un efecto de sombra. Finalmente, disputémonos a facer o efecto de brillo que ten na parte superior. Para iso, creamos un rectángulo, redondeámoslle as esquinas, convertímolo en traxecto e movemos os nodos para darlle a forma desexada.

Para crear a folla, primeiro fixemos dúas circunferencias de igual tamaño (primeiro fixemos unha e logo duplicámola). Colocámolas unha sobre a outra de forma que semellasen unha folla e, en traxecto, empreñamos a ferramenta exclusión. E así conseguimos a forma desexada. Logo démoslle a mesma cor que á mazá, tanto no borde coma no interior. Para a sombra Duplicamos a folla, desactivamos o seu borde e reducímola de tamaño, démoslle cor branca, xogamos coa transparencia e fin, xa a rematamos.

Finalmente, unimos os obxectos, duplicámolo todo, démoslle cor negra, enviamos a copia ao fondo e fixemos un efecto de sombra.

E aquí vos deixo o resultado,


luns, 24 de marzo de 2014

PRÁCTICA GUIADA_Fotomontaxe

Neste novo traballo fixemos unha práctica guiada co programa Gimp.
A páxina web que empregamos para guiarnos, é esta http://comunidad.fotolibre.net/index.php/topic,64.0.html , e agora, vouvos explicar o que fixemos, posto que non seguimos á perfección as indicacións de dita páxina web cara o final da práctica:

Primeiramente, escollemos unha fotografía dun faro en Google coa condición de que tivese un ceo uniforme e outra dun ceo que nos gustase (ámbalas fotografías debían ser imaxes grandes):














Abrimos ambas imaxes. Creamos unha capa á que lle chamamos NUBES na pestana da imaxe do faro. Tamén engadimos unha canle Alfa. Seleccionamos a imaxe das nubes e pegámola na do faro. A continuación, mudamos o tamaño do ceo. Dito ceo aparecía como unha selección flotante e, como non queriamos iso, anclamos esa selección flotante á capa nubes clicanando co botón dereito sobre dita capa. Puxemos a capa NUBES por abaixo.
Logo, na capa do Faro e empregando a ferramenta selección difusa "barita mágica" seleccionamos o ceo uniforme e, premendo Ctrl x , recortamos a selección, e, como a capa NUBES se atopaba por abaixo, xa apareceu o ceo que escolleramos anteriormente. Finalmente, combinamos ambas as capas pulsando sobre a capa Nubes co botón dereito e dándolle á opción "combinar a capa cara abaixo".
E aquí tedes o resultado:





luns, 17 de marzo de 2014

RETOQUE FOTOGRÁFICO-Gimp

Pois hoxe vouvos a falar de como podedes retocar unha foto con Gimp.

Escollín unha foto de internet, esta, concretamente:











Aidea era facer que esta muller parecese máis nova e, para iso, o que fixen foi eliminarlle as impurezas da pel e as engurras, utilizando a ferramenta de saneado que, dalgunha forma, fai un efecto de duplicado que non se aprecia a simple vista (pulsas Ctrl para escoller a zona limpa, a que queiras duplicar, deixas de pulsar esa tecla e logo pinchas nas zonas nas que haxa impurezas e engurras).
Despois mudeille a cor aos ollos, aos beizos e aos dentes, empregando a ferramenta selección libre e cor (tono e saturación).
Así, obtuven este resultado:











Despois, para apreciar ben os cambios, creamos un novo documento de Gimp e colocamos as dúas fotografías nel. Fixen uns retoques coa ferramenta degradado e texto, e así quedou: