
Nesta avaliación desscubrimos o LibreOffice, que é unha suite ofimática libre e gratuita que funciona en moitos ordenadores e sistemas operativos, como o son Windows, Mac ou Linux, e que nos ofrece distintos programas como, por exemplo, o procesador de textos Writer ou a folla de cálculo Calc.
Nós traballamos con el ata o de agora, levando a cabo unha serie de traballos de writer e calc guiados por un titorial de Google (http://www.xente.mundo-r.com/troncoso/tutorial-OOo/), aínda que, por cuestións de non seren os mesmos formatos e versións o LibreOffice e o OpenOffice do titorial, non puidemos seguilo ao pé da letra, téndonos que adaptar ás opcións que nos ofrecía esta suite.
A continuación vouvos explicar ditos traballos de writer, os máis sinxelos feitos por nós mesmos e, os demais, guiados polo noso mestre:
Como os primeiros ensinaban tarefas básicas como crear un documento, cerralo, exportalo a PDF, seleccionar, cortar ou pegar, borrar ou desfacer, e nós xa coñeciamos estas opcións, comezamos co exercicio 5. Nel, traballamos o formato de carácter: a fonte, o tamaño, o estilo, os efectos (negriña, subliñado, cursiva), a posición, a orientación e a cor dos caracteres. O exercicio 6 ensinounos a mudar os formatos do párrafo e páxina e tamén o estilo desta. O 7, consistía en recoñecer "basura tipográfica" e en aprender a evitala. Logo, o 8 ensinounos a inxerir unha imaxe e a como darlle formato. Logo, pasamos ao número 10, no cal aprendemos a crear unha lista e as modificacións que esta pode sufrir. O 11 dicíanos como crear unha táboa, como construír texto en táboa e como editar o formato de dita táboa. No 12, que foi un dos máis complicados, tratamos os estilos de párrafo (como aplicar un estilo de párrafo xa creado, como modificar este e como crear un ti mesmo). E, finalmente, rematamos co 13, no que vimos o que era unha plantilla e aprendemos a crealas e modificalas.
E isto é todo, un saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario