luns, 31 de marzo de 2014

Pois hoxe tócame falarvos da miña terceira práctica no INKSCAPE. Intentamos recrear o logotipo de Apple, e, para iso:

Dividimos os debuxo en dúas partes, a mazá propiamente dita e a folla.

Para a mazá, primeiramente fixemos unha circunferencia e convertímola en traxecto, para así poder “xogar” cos nodos e darlle forma de mazá. A continuación activámoslle o efecto borde cunha cor gris escura e puxémoslle de cor de recheo un gris algo máis claro que o do borde. Logo, para facer a mordedura tan característica, fixemos unha circunferencia máis pequena e colocámola sobre a outra, que agora xa tería forma de mazá. Seleccionamos a mazá e logo, pulsando a tecla shift, a circunferencia pequena e usamos en traxecto, a ferramenta circunferencia. Despois duplicamos a mazá e, pulsando as teclas Ctrl.+Shift+Paréntese 8 , reducimos o seu tamaño e creamos sobre ela un efecto de degradado coa cor branca na parte inferior e transparente na superior, creando así un efecto de sombra. Finalmente, disputémonos a facer o efecto de brillo que ten na parte superior. Para iso, creamos un rectángulo, redondeámoslle as esquinas, convertímolo en traxecto e movemos os nodos para darlle a forma desexada.

Para crear a folla, primeiro fixemos dúas circunferencias de igual tamaño (primeiro fixemos unha e logo duplicámola). Colocámolas unha sobre a outra de forma que semellasen unha folla e, en traxecto, empreñamos a ferramenta exclusión. E así conseguimos a forma desexada. Logo démoslle a mesma cor que á mazá, tanto no borde coma no interior. Para a sombra Duplicamos a folla, desactivamos o seu borde e reducímola de tamaño, démoslle cor branca, xogamos coa transparencia e fin, xa a rematamos.

Finalmente, unimos os obxectos, duplicámolo todo, démoslle cor negra, enviamos a copia ao fondo e fixemos un efecto de sombra.

E aquí vos deixo o resultado,


Ningún comentario:

Publicar un comentario