luns, 31 de marzo de 2014

Pois hoxe tócame falarvos da miña terceira práctica no INKSCAPE. Intentamos recrear o logotipo de Apple, e, para iso:

Dividimos os debuxo en dúas partes, a mazá propiamente dita e a folla.

Para a mazá, primeiramente fixemos unha circunferencia e convertímola en traxecto, para así poder “xogar” cos nodos e darlle forma de mazá. A continuación activámoslle o efecto borde cunha cor gris escura e puxémoslle de cor de recheo un gris algo máis claro que o do borde. Logo, para facer a mordedura tan característica, fixemos unha circunferencia máis pequena e colocámola sobre a outra, que agora xa tería forma de mazá. Seleccionamos a mazá e logo, pulsando a tecla shift, a circunferencia pequena e usamos en traxecto, a ferramenta circunferencia. Despois duplicamos a mazá e, pulsando as teclas Ctrl.+Shift+Paréntese 8 , reducimos o seu tamaño e creamos sobre ela un efecto de degradado coa cor branca na parte inferior e transparente na superior, creando así un efecto de sombra. Finalmente, disputémonos a facer o efecto de brillo que ten na parte superior. Para iso, creamos un rectángulo, redondeámoslle as esquinas, convertímolo en traxecto e movemos os nodos para darlle a forma desexada.

Para crear a folla, primeiro fixemos dúas circunferencias de igual tamaño (primeiro fixemos unha e logo duplicámola). Colocámolas unha sobre a outra de forma que semellasen unha folla e, en traxecto, empreñamos a ferramenta exclusión. E así conseguimos a forma desexada. Logo démoslle a mesma cor que á mazá, tanto no borde coma no interior. Para a sombra Duplicamos a folla, desactivamos o seu borde e reducímola de tamaño, démoslle cor branca, xogamos coa transparencia e fin, xa a rematamos.

Finalmente, unimos os obxectos, duplicámolo todo, démoslle cor negra, enviamos a copia ao fondo e fixemos un efecto de sombra.

E aquí vos deixo o resultado,


luns, 24 de marzo de 2014

PRÁCTICA GUIADA_Fotomontaxe

Neste novo traballo fixemos unha práctica guiada co programa Gimp.
A páxina web que empregamos para guiarnos, é esta http://comunidad.fotolibre.net/index.php/topic,64.0.html , e agora, vouvos explicar o que fixemos, posto que non seguimos á perfección as indicacións de dita páxina web cara o final da práctica:

Primeiramente, escollemos unha fotografía dun faro en Google coa condición de que tivese un ceo uniforme e outra dun ceo que nos gustase (ámbalas fotografías debían ser imaxes grandes):














Abrimos ambas imaxes. Creamos unha capa á que lle chamamos NUBES na pestana da imaxe do faro. Tamén engadimos unha canle Alfa. Seleccionamos a imaxe das nubes e pegámola na do faro. A continuación, mudamos o tamaño do ceo. Dito ceo aparecía como unha selección flotante e, como non queriamos iso, anclamos esa selección flotante á capa nubes clicanando co botón dereito sobre dita capa. Puxemos a capa NUBES por abaixo.
Logo, na capa do Faro e empregando a ferramenta selección difusa "barita mágica" seleccionamos o ceo uniforme e, premendo Ctrl x , recortamos a selección, e, como a capa NUBES se atopaba por abaixo, xa apareceu o ceo que escolleramos anteriormente. Finalmente, combinamos ambas as capas pulsando sobre a capa Nubes co botón dereito e dándolle á opción "combinar a capa cara abaixo".
E aquí tedes o resultado:





luns, 17 de marzo de 2014

RETOQUE FOTOGRÁFICO-Gimp

Pois hoxe vouvos a falar de como podedes retocar unha foto con Gimp.

Escollín unha foto de internet, esta, concretamente:











Aidea era facer que esta muller parecese máis nova e, para iso, o que fixen foi eliminarlle as impurezas da pel e as engurras, utilizando a ferramenta de saneado que, dalgunha forma, fai un efecto de duplicado que non se aprecia a simple vista (pulsas Ctrl para escoller a zona limpa, a que queiras duplicar, deixas de pulsar esa tecla e logo pinchas nas zonas nas que haxa impurezas e engurras).
Despois mudeille a cor aos ollos, aos beizos e aos dentes, empregando a ferramenta selección libre e cor (tono e saturación).
Así, obtuven este resultado:











Despois, para apreciar ben os cambios, creamos un novo documento de Gimp e colocamos as dúas fotografías nel. Fixen uns retoques coa ferramenta degradado e texto, e así quedou: