martes, 17 de decembro de 2013

El Armario De Nami

Ola queridísimos lectores :3

Esta entrada irá adicada, como ben se reflexa no tíltulo, a falarvos da páxina Web El Armario De Nami (http://elarmariodenami.jimdo.com/).

En primeiro lugar, dicirvos que unha páxina Web é un documento adaptado á World Wide Web que soe formar parte dun sitio web e no cal se pode atopar información sobre distintos temas. Para crear unha páxina Web, pódense usar distintas plataformas e, coma todo, hainas gratuitas e non gratuitas. Nós tivemos que empregar unha gratuita, concretamente a chamada Jimdo.

Jimdo baséase nun sitema de xestión de contido propio sen a necesidade de coñecementos HTML e pertence á Web 2.0.  E, aínda que non permite facer todo o que queiras na páxina Web que crees, ten varias vantaxes, como serían a súa velocidade e un uso moi doado.

Pois ben, agora que xa sabedes o que é e como a creamos a miña compañeira de grupo e eu, facervos un breve resumo de en que consiste a nosa páxina Web:
El Armario De Nami ten como tema principal a moda, como ben se pode intuír polo título, e ten varias seccións (como se amosa na fotografía seguinte). Todas as seccións son da nosa propia colleita, a excepción da última, a sección de actualidade, na que aparecerán varios "enlaces" feeds RSS que vos levarán a outras páxinas Web que nós cremos que eran as axeitadas e que vos resultarían de gran interés. A primeira está adicada á presentación da propia páxina Web, despois atoparédesvos cunha sección de beleza, pasaredes a unha na que vos falaremos dos erros e os acertos á hora de acudir a algún evento, despois atoparedes unha adicada aos distintos estilos que existen e, por último, teredes unha na que poderedes facer consultas.




Visitádea! Veredes como vos gusta =)